VENTO DA TRAVESÍA | O |
14 abr 2007 . Actualizado a las 07:00 h.ALFONSO XIII convocou eleccións municipais para o domingo 12 de abril de 1931. En 41 capitais de provincia gañan os republicanos. O luns, o presidente Aznar di aquilo de «¿Que se pode esperar dun país que se deita monárquico e se levanta republicano?». Ese día, de mañanciña, Alfonso XIII chama a Gobernación e ordea que se sufoquen aos alborotadores que gritan «morra El Rei». No Ministerio contéstanlle que os gardas xa non obedecen esas ordes. O Monarca dille: «Grazas, é o que me quedaba por saber». 14 de abril, martes, en Éibar proclaman a República, e seguen Barcelona, Sevilla, Vigo, Madrid. A Garda Civil ponse ao servizo dos republicanos. Companys, en Barcelona, toma o mando e canta A Marsellesa dende o balcón da alcaldía. No Ministerio de Gobernación constitúese o Goberno provisional e, ás catro da tarde, Miguel Maura recibe a comunicación de que Alfonso XIII embarcara con rumbo descoñecido por Cartaxena. 17 de abril: o ABC publica unha carta de El Rei na que di, con fermosas palabras, nada comúns nun Monarca, que «mentres fala a nazón suspendo deliberadamente o exercicio do Poder Real e apártome de España, recoñecéndoa, así, como única señora do destino de seu». Eleccións de 1933: 258 deputados de dereita, 119 de centro e 95 de esquerdas. 7 de xaneiro de 1936, novas eleccións xerais: gaña o Frente Popular. 17 de xullo de 1936, sublevación e guerra. 1939-1975: Franco exerce a jefatura do Estado. 1969: Francisco Franco designa sucesor a Juan Carlos I, que ostenta, actualmente, tamén, o título de Rei de Galicia, e que no discurso de aceptación dixo: «Quero expresar, en primeiro lugar, que recibo da súa Excelencia o Xeneralísimo Franco, a lexitimidade política xurdida do 18 de xullo de 1936». 1978: Actual Constitución, nunca xurada por El Rei por ser jefe de Estado antes dela.