17 mar 2007 . Actualizado a las 06:00 h.
? Bloque Nacionalista Galego presentou onte, nun acto aberto a todos os veciños, á súa candidata en Meis, Mari Carme Martínez. O acto celebrouse no centro social da comunidade de montes de San Lourenzo onde estaba prevista a presenza, entre outros, do deputado no Parlamento galego, Bieito Lobeira, e a delegada provincial de Innovación e Industria, Montserrat Prado. O Bloque de Meis presenta un proxecto baseado nun plano de desenvolvemento local no que se vai especial fincapé na necesidade de completar a rede de servizos para os veciños. Tamén propoñen reformas no eido urbanístico e de participación cidadá para compensar os déficits que lle atribúen ao goberno municipal do PP.