AREOSO | O |
26 feb 2007 . Actualizado a las 06:00 h.HAI un libro que debería ser de lectura obrigada porque invita a repetir nese hábito. Algo importante, xa que moitas das veces os de lectura obrigada no instituto son auténticos peñazos. Falo de La conjura de los necios, escrito por John Kennedy Toole, que se suicidou antes de que o seu texto tivera sido publicado. Mágoa que este xesto non fora imitado por algún escritor dos que andan por aí, aforraríamos tempo e moitas árbores. O protagonista é Ignatius J. Reilly, un tipo que postos a describir poderiamos imaxinalo como o Íñigo aquel do Gran Hermano, o que andivo co polo verde posto todo o programa. Nun resumo rápido, e probablemente erróneo, pero para iso están os críticos, diríamos que Ignatius estaba convencido de ser un auténtico xenio, pero rodeado de necios que se empeñaban en esmagar todos os seus magníficos plans. Xa hai tempo que lin a novela, pero a realidade insiste en que veña de cando en vez a súa lembranza. A penúltima ocasión foi co Holandés Errante, o barco ese que andivo a facer sinais de fume. Un repaso á actitude de TODOS os grupos políticos daría para que Kennedy, o escritor non o outro, fixera un par de obras de arte. Empecemos polo de onte: «El PP desearía que hubiera fracasado el rescate del barco. El operativo funcionó a la perfección», Ismael Rego (PSG) dixit. Na quenda de aludidos, compre recordar que nos primeiros días da crise os populares acusaron ao goberno autonómico de ocultar información, que manda carallo, sempre fala o coxo da maneira de andar. E o do BNG de traca. Dixo o seu responsábel que os que mandan, i eles co-mandan en Galicia, foron un desastre. Habería que ver as súas caras si cando os lumes case que asfixiaban a Suárez Canle, os socialistas botaran máis leña ao asunto. E quererán que votemos.