A forte chuvia que caeu en Vilanova non impediu que onte ardese un coche na rúa
AROUSA
Unha rapaza que na mañán de onte circulaba cara o seu traballo en Vilanova sufriu un incendio no vehículo xusto no momento no que aparcaba o coche na rúa, no lugar de Montiño, en Caleiro. Os feitos tiveron lugar preto das nove da mañán. Cando a rapaza aparcou o coche comezou a arder o motor, polo que tivo que requerir á policía local. Ante a imposibilidade de apagar o lume foron chamados tamén os bombeiros do Salnés, que finalmente sofocaron as chamas, aínda que non puideron evitar que ardera o motor e o cadro de mandos. É de supoñer que o vehículo, un vello turismo de gasolina, ardera por mor de un curtocircuíto. O máis curioso é que á hora na que tivo lugar o suceso chovia arreo nas rúas da localidade, o que non evitou o incendio. Xa vai co terceiro vehículo que arde nos últimos meses nás rúas de Vilanova. Nun dos casos foi provocado.