? terceira edición da Festa do Centolo «vaise consolidando pouco a pouco». Así comeza o balance feito onte polo Concello. Entre os comensais repartíronse unhas 7.000 tarxetas para participar nos sorteos de premios, polo que «é de supoñer que máis de 7.000 personas se achegaron ata O Grove para degustar o preciado marisco», sinalan. As tarxetas para a participación nos sorteos teñen un alto valor estatístico. Por elas sábese, por exemplo, que a semana da ponte da Constitución foi cando se produxo unha meirande afluencia de público. Os días de máis éxito foron o 5 de decembro e o 7 dese mesmo mes. A meirande parte dos comensais eran galegos. Tras deles están os madrileños (127), os de Castela León (89) e Andalucía (79). De fóra de España, destaca o colectivo portugués (21). Case a metade dos comensais (47,8%) aloxáronse no Grove, sendo os hoteis os establecementos favoritos (84%). O tempo de estancia medio foi de 2 a 6 días.