¿Cambados en Champions?

MAXI CID FERRO

AROUSA

TRIBUNA PÚBLICA | O |

04 dic 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

HAI CATRO anos houbo varias funcións de circo en Cambados: trapecistas, domadores e paiasos baixo a carpa do Concello. Agora o espectáculo rei é o fútbol. Entón comezou un campionato para elexir ao sarxento da Policía Local de Cambados. Eu xogaba coma forasteiro, era un xogador descoñecido nese mundo do fútbol. Pero apuntaba maneiras, tiña moitas horas de adestramento e ilusión, moita ilusión. As catro primeiras xornadas sumeinas por victorias ata que chegou o quinto e definitivo encontro. Enfronte tiña un equipo galáctico no que destacaban un dianteiro escurridizo, internacional pola UXT, un gardamallas colorado de terceira rexional, un defensa moi leñeiro que exercía de capitán, e un mozo, alineado indebidamente, que xogaba dopado. Semellaban profesionais. Eu xa non sei se Tourís era o defensa ou era o árbitro que non deixaba de mirar para outro lado. O meu único gol foi a sentencia tan esperada da repetición do quinto exercicio da oposición a sarxento da policía local. ben, pero ¿era necesario tanto esforzo para demostrar algo evidente? Ese gol non ten o mesmo sabor, sobre todo porque chega cando xa moi pouca xente confiaba en que poidera producirse. Ir contra o sistema establecido xa sabemos como é. Pero ás veces, seguramente menos das desexables, ocorren cousas así. Unha xogada illada convírtese nun golazo que pode decantar o campionato. Non é xusto que os cidadáns de Cambados desembolsen os gastos de todos os procesos xudiciais que derivan de malas xestións do presidente. Para rematar o encontro, o alcalde intenta facer unha fichaxe tentando enviar ao «seu» sarxento interino a unha formación que precisaría ter despois que aprobar, pero non antes de que isto se produza. A prevención é boa, pero hai casos en que resulta sospeitosamente precipitada. ¿Que lles parecería un árbitro que antes de empezar o partido xa lle endosara unha tarxeta vermella ao xogador «non grato». As regras do xogo non son así, ogallá o comité de apelación sancione a todos os xogadores do tribunal calificador por tamposos.