«Alegaremos de xeito masivo»

A. González PONTEVEDRA

AROUSA

?ntón Masa, presidente da Asociación Pola Defensa da Ría, afronta con preocupación a decisión da Xunta de iniciar os trámites para declarar de interese supramunicipal o proxecto de Ence de instalar en Lourizán unha papeleira de tisú e renovar o seu sistema de saneamento. -¿A APDR ten previsto propoñer esta noite (por onte) no Concello que se retomen as movilizacións? -Imos ver qué nos propoñen dende o Concello, pero en calquera caso, nós temos deseñado unha campaña propia que na medida que coincida coa do Concello será única, e no que non coincida levarémola nós pola nosa conta adiante. -¿Unha campaña para xa? -Si, porque desde este momento hai que empezar a facer alegacións contra a decisión da Xunta e contra a ubicación da papeleira en Lourizán. -Na rúa ¿como se van plasmar as iniciativas? -Cunha recollida de alegacións entre toda a poboación da ría, pero tamén con movilizacións. É un problema que afecta a toda cidananía da ría e hai que aglutinar a tódolos colectivos. Alegaremos de xeito masivo. -Pero, unha enquisa de Sondaxe reflicte que a xente está moi dividida. -Sondaxe decía que un 78% estaba en contra da ubicación. Outro tema son os postos de traballo, que é o que se utiliza a xeito de chantaxe.