Vilagarcía convoca eleccións para a xunta rectora da Fundación

La Voz LA VOZ | VILAGARCÍA

AROUSA

O alcalde de Vilagarcía vén de convocar eleccións para renovar os representantes dos clubs na Xunta Rectora da Fundación Pública de Servicios Deportivos Municipais. De conformidade co calendario electoral establecido, a cita coas urnas será o 16 de setembro, entre as 18.00 e as 21.00 horas. O censo electoral poderá consultarse a partirse do luns, día 11, e durante cinco días, nas oficinas do Concello. As reclamacións os datos do censo poderán facerse dende o mesmo día 11 e ata o 18. O día 19 resolveranse as reclamacións, publicarase o censo definitivo e se determinarán os representantes das modalidades deportivas a elixir. O prazo de presentación de candidaturas irá do 20 ó 29 de agosto; o día 1 farase a proclamación das candidaturas; o 3 poderanse presentar as reclamacións ó respecto e estas deberán ser resoltas o día 4. A campaña electoral desenvolverase entre os días 8 e 12 de setembro, e as eleccións será o día 16. Os representantes a elixir serán un para cada modalidade deportiva na que existan, como mínimo, tres clubs federados, e outros dous, en conxunto, para as demais modalidades deportivas. O voto será exercido polo presidente do club. En canto ? ás asociacións de veciños, Apas e profesorado de Educación Física -que tamén están representadas na Fundación- elixirán un representante cada un. Estes colectivos quedan emprazados a unha reunión co obxecto de proceder á elección do representante correspondente. A cita será o día 18, as oito da tarde, no caso das asociacións de veciños, e o 4 de setembro, ás 20.00 e ás 21.00, respectivamente, para o profesorado de Educación Física e o Presidente das Apas.