Unha figura para o recordo

María Santalla VILAGARCÍA

AROUSA

Coincidindo co cabodano de Manolo Lojo, a agrupación socialista illense quixo facer unha homenaxe a quen foi o seu compañeiro. Así xurdíu «Entre nós»

07 jun 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

?ntelixencia e compromiso. Aqueles que coñeceron a Manolo Lojo coinciden en destacar del, por encima de calquera outra cousa, estes dous valores. O seu compromiso fíxolle estar presente en tódolos movementos sociais, sobre todo naqueles relacionados coa súa Illa. E a súa intelixencia servíu para que o seu paso por tódalas entidades do pobo dése sempre interesantes froitos. Por iso a xente da Illa garda un cariñoso recordo do que fora moitas cousas, pero do que fora, sobre todo, secretario da cofradía. Agora, cando se cumpre un ano do seu falecemento, os seus compañeiros do Partido Socialista quixeron adicarlle un «libriño» co que pretenden brindarlle «un modesto e cariñoso recoñecemento á memoria do noso amigo». A obra, coordinada por Sito Vázquez, fai un repaso polos principais episodios da súa vida, acompañado por una galería de fotografías. Pero, ademais, amigos e compañeiros que compartiron experiencias con el lembran a súa figura. Moitos recordos e moitas anécdotas entrañables asoman nestas páxinas. Unha das máis representativas, por canto é un claro exemplo do espírito inquedo de Manolo Lojo, foi a que protagonizou de ben pequeno, cando comezou a asistir á escola de dona Palmira. Según se conta na obra, cando comezou a ler, e fascinado polo mundo da escrita, preguntoulle un día á mestra cánto tardaría en ler tódolos libros. «¿Tódolos libros da escola», preguntoulle a profesora. «Non, eses son poucos. Tódolos do mundo», respondeu. E seguro que os moitos libros que leu lle axudaron a levar adiante as cousas importantes que fixo na súa vida. Cousas importantes, sobre todo, polo pobo da Illa. Pola segregación, polo sector do mar, polo medio ambiente, ... Amigos como Jesús Reino, Juan Luis Otero, Ventura Rivas, Juan Jesús Besada, González Laxe, Carmen Gallego, Paco Cortés ou Manuel Iglesias renden no libro unha sentida homenaxe a unha persoa que continúa «Entre nós». O seu compromiso fíxolle estar presente en tódolos movementos sociais, sobre todo naqueles relacionados coa súa Illa A obra, coordinada por Sito Vázquez, fai un repaso polos principais episodios da súa vida, acompañado por unha galería de fotografías