«É moi difícil loitar contra as imposicións comerciais»

Paco Domínguez VILAGARCÍA

AROUSA

Manolo Seixas pide unha muda nos costumes sociais para garantir o futuro da literatura galega no país, antes de falar de promoción no exterior

18 dic 2002 . Actualizado a las 06:00 h.

?anolo Seixas chama á loita para defender a literatura galega. Onte fixo unha radiografía da situación. As conclusións, en xeral, son pouco alentadoras. «Hai moi boa calidade. Pero salvo honrosas excepcións, non existe un recoñecemento público dos traballos». A xuicio de Seixas, antes de falar do galego e da literatura no exterior «primeiro temos que fomentar o hábito da lectura e do consumo de literatura galega no noso país. Eso require un esforzo a tódolos niveis, no que hai que implicar as administracións, editoriais e lectores, en xeral». Un dos maiores enimigos da literatura galaica «son as multinacionais e o agresivo márketing que inducen os xóvenes a leer cousas en castelán ou en inglés. De feito hai ainda moitos galegos que se atopan máis cómodos escribindo en castelán. E ahí escomenzan os problemas», sinala. Outro dos temas que abordou Seixas na súa conferencia de onte, na casa da cultura de Arousa, atiñe as novas xeracións. «Hoxe en día, con tanto bombardeo comercial a tódolos niveis, e coa desmesura consumista que impón esta sociedade, é moi complicado encauzar a un rapaz por unha liña diferente á que marcan as televisións ou as grandes superficies comerciais. Pero non só ocorre na literatura galega. Os outros grandes perxudicados son os que fan música en galego. Eles tamén o teñen moi complicado». Seixas pide unha reflexión á sociedade galega para que desperte i escomence a valorar a cultura propia. «Hai que desterrar a idea de que o que ven de fóra é mellor co noso. Pero soio hai que ver quén nos goberna e de qué xeito exerce o poder en toda a sociedade».