Pedaladas saudables

ALBERTO BOUZA

AROUSA

AREOSO

20 sep 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

SOMETIDO a unha certa presión mediática e á mala conciencia de conductor acomodaticio, collo a bicicleta e vou probar o carril bici que pretende unir Vilagarcía con Vilaxoán. Como xa protestou alguén polos rebaixes, pois o cito sen máis: pero non se entende un carril bici con tantas interrupcións. Debo ser, segundo calculo, o típico o usuario de carril bici. Experiencia en bicicleta mínima, cansancio máximo e comidade toda a posible. Calculo que os ciclistas máis veteranos pasan do carril bici porque xa estarán afeitos a circular como un vehículo máis. Chama a atención como ir ata o carril en cuestión. O carril comeza nunha rotonda de moitísimo tráfico, e agás que un chegue pola aceira, está complicado e meten medo os camións e os coches. Digo eu que habería que facer outro carril desde unha zona peatonal anterior para acceder. Logo o carril non está mal pero é pequeno. Mesmo para min, que afogo axiña, chegou a outra punta, onde está a depuradora, sen esforzo. Moi grande non é. Acaba como empeza, sen facilitar demasiado o acceso. Seguir implica unha estrada normal e terei que me acostumar.