«O Meco era un Don Juan que conquistaba ás mulleres»

Laura Besada O GROVE

AROUSA

Clodio González participou onte na inauguración dunha exposición no Grove sobre os gravados que Luis Seoane fixo deste personaxe

08 ago 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

Clodio González, mestre e secretario da Xunta Rectora do Museo do Pobo Galego, visitou onte O Grove para participar na inauguración da exposición ¿Quen matou ó meco? Matámolo todos , da galería Lembranza-Sargadelos. Alí fixo unha introducción, xunto a María América e Elías Lamelas, á obra de Seoane composta de doce gravados e un lenzo sobre O Meco que se mostran na galería. -Non é a primeira vez que vostede fala da historia do Meco, vostede xa escribiu algo sobre este personaxe... -Escribín unha edición do Padre Sarmiento, sobre o seu Meco, e na introducción do libro fixen unhas anotacións sobre a historia do personaxe do Meco. -Unha historia que ben coñece, ¿por que se interesou por ela e polo seu persoaxe? -Sempre me interesou esta historia polo seu atractivo. Xa no século dezasete se falaba do Meco en Galicia. -¿En que lle encontra vostede o atractivo? -Aínda que a historia di que era un crego, o Meco era un Don Juan que conquistaba ás mulleres. E por eso é polo que o aforcaron. Pero é unha historia ficticia, xa que por agora aínda non se demostrou que o Meco fora un persoaxe e unha historia real. -¿Esta lenda se repite noutras zonas? -Se sitúa en Galicia, e senón, no Grove. Hai varios puntos de Galicia nos que se fala da historia do Meco, pero a influencia é maior no Grove. Tamén se fala deste persoaxe no norte de Portugal, pero máis en Galicia.