A natureza, raíña por un día no Salnés

La Voz

AROUSA

VÍTOR MEJUTO

05 jun 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

A comarca do Salnés celebrou onte con actividades tan distintas coma charlas, representacións e ata traballos de limpeza o Día Mundial do Medio Ambiente. No Concello de Vilagarcía finalizou a campaña de educación medioambiental que levábase desenvolvendo durante os últimos meses. Unha representación teatral na rúa e unha conferencia puxeron o broche de ouro a un proxecto que estivo dirixido principalmente ós escolares do municipio. A Praza de Galicia convertiuse o mediodía nun improvisado escenario de teatro. Deceas de rapaces recibiron na rúa a lección duns profesores nada usuais: dous trasniños falaronlles ós nenos sobre a importancia de facer ben a recollida do lixo ecómo utilizar axeitadamente os distintos tipos de contenedores. Pero os maiores da vila tamén tiveron oportunidade de veren reforzados os seus coñecementos de ecoloxía. No serán, o profesor da Universidade de Vigo na área de Tecnoloxía do Medio Ambiente, Rafael Barrionuevo, descubriu ós asistentes á casa da cultura as claves dunha correcta xestión dos residuos urbanos. Intervencións sobre o Umia-O Grove A Xunta de Galicia tampouco esqueceu o día grande do medio ambiente. No Espacio Natural do Umia-O Grove os rapaces dos colexios da zona foron de novo os protagonistas da xornada. Ó Centro de Interpretación da Natureza do monte Siradella acudiron 60 alumnos do CPI Manuel Suárez Marquier, de O Rosal. Na outra beira da ría, os escolares de 2º e 4º de ESO do instituto da Illa de Arousa actuaron sobre Punta Carreirón. Pertechados con luvas e bolsas limparon de plásticos, latas e demáis lixo a praia e os pinares adxacentes. Cómpre salientar que foron os propios nenos quen solicitaron adecenta-lo areal illense.