Máis de mil escolares do municipio participarán na iniciativa A máis divertida viaxe en tren. Paiasos, contacontos, grupos de animación e, sobre todo, un día de festa. Son as actividades que ofrece Caixanova, Renfe e Política Lingüistica nesta nova edición de «Sube ó tren da lingua», un programa que permitirá a máis de mil nenos de Vilagarcía viaxar de novo neste tren da fantasía en lingua galega.
15 feb 2002 . Actualizado a las 06:00 h.S. L. L. VILAGARCÍA Campañas para promover o uso do idioma galego entre os nenos hai moitas, pero poucas tan orixinais como Sube ó tren da lingua. Dende o mes de febreiro ata xuño, escolares de toda Galicia van subir no tren da fantasía, unha viaxe nun ferrocarril que vai cargado de paiasos, contacontos, grupos de animación e diversión. Nesta segunda edición poderán subirse a este tren que circula polos raís en galego máis de mil escolares de Vilagarcía. Un grupo de paiasos os recibirán no andén arousán para partir rumbo a Santiago. Perante todo o percorrido poderán disfrutar dos contos dun grupo de animación que, por se fora pouco regalarlles sorrisos gratis, tamén lles invitarán a unha merenda nada máis chegar a Compostela. Logo haberá unha representación teatral axeitada a idade dos pequenos pasaxeiros, alumnos de cinco a oito anos de idade. No camiño de volta, maís diversión, e ó chegar a casa, un libro de agasallo que nesta ocasión estará escrito por Agustín Fernández Paz, ilustrado por Enjamio e editado por Xerais. E aínda lles agardan máis sorpresas. En total haberá oitenta viaxes. En cada un deles participarán alumnos de distintos colexios. Serán 16.000 rapaces de toda Galicia os que se suban a este tren para facer unha viaxe polo mundo da fantasía en lingua galega.