Cen retratos para a Bela Otero

La Voz

AROUSA

Editan un libro de postais da famosa bailarina, recopiladas con exquisita paciencia por Carlos Díaz Quizáis a Bela Otero fose unha das pioneiras no mundo das «pin up», esas mulleres de papel que encheron caixóns, que sorrían colgadas ó cabeceiro da cama, dende ofertaban soños de seducción, deses inalcanzables. Xerais acaba de editar un libro no que se recollen as postais nas que se inmortalizou á famosa bailarina. Unha colección de estampas que foron recopiladas con exquisita paciencia por Carlos Díaz, durante nada menos que trinta anos. As súas páxinas recollen a imaxe daquela galega universal, que o propio Paul Klee defineu deste xeito «mala voz, poses deliciosas, muller da cabeza aos pes».

06 dic 2001 . Actualizado a las 06:00 h.

C. UZAL VALGA O libro recolle noventa imaxes, a maior parte delas tarxetas postais, que ó longo de trinta anos foron chegando á colección de Carlos Díaz. En total, no seu poder garda este meticuloso recopilador unhas cento vinte estampas. Como preludio ás imaxes aparece un texto de Luis Seoane, que foi recollido dunha audición radial do programa «Galicia Emigrante» de 1959. O prólogo está escrito en varios idiomas, non só pola universalidad da súa protagonista, senón tamén porque é o primeiro libro destas características que sae publicado. As imaxes que percorren as páxinas corresponden o período que vai entre 1895 e 1915, o esplendor daquela valguesa que se converteu na incomparable Bela Otero. Según explica o pai da criatura, Carlos Díaz, entre 1900 e 1915 fixeronse moitas estampas nas que destacados artistas da época se verteron na beleza da bailarina. Pero é difícil atopalas. Algunhas porque deberon ser destruídas por ese afán de rachar co que entón se consideraba coma pornográfico. Outras son demasiado costosas. Dende Paris, ata Madrid, pasando por Italia, Suiza, Niza. Un sinfín de lugares tivo que recorrer Carlos Díaz para atopar o sorriso impreso da Bela. Él mismo conta como as postais reflexan os «matices de vedette moderna» que agochaba a Bela Otero, un personaxe que ó seu entender está moi mal analizado. «Hai moita bibliografía pero mal estudiadas, sempre se cae nos mesmos errores, falta por escribir o verdadeiro libro, pero para investigar habería que recorrer todo o mundo». Diaz asegura que trala Bela Otero existen varias persoas: o talante de muller galega independente e sensata -aínda que ela nunca reivindicou a súa orixe-, e a de artista que gañou fortuna. Precisamente aquí é onde empezan as lagunas. A Bela Otero non só foi unha muller de escándalos e amoríos, tamén foi unha grande actriz. É esta unha das facetas que se recolleu nos retratos postais que aparecen publicadas agora entre as páxinas «La Belle Otero».