As dúas verbenas de Santa Rita

La Voz

AROUSA

VÍTOR MEJUTO

As clásicas orquestras contrastan no programa deste ano co concerto reivindicativo do grupo Los Canallas Todo está listo en Vilagarcía para dar saída esta fin de semana ás tradicionais festas de Santa Rita. O programa deste ano resposta ó que ven sendo habitual neste tipo de citas na capital arousá. Orquestras populares e actividades deportivas conforman unha oferta xa coñecida polo público vilagarcián. A excepción dun punto: o concerto que o grupo madrileño Los Canallas, famoso polas súas letras reivindicativas, ofrecerá o sábado á noite no Castro. Este pequeno oasis non impedirá que a charanga NBA, Os Terribles de Arousa ou D''Tacón amenicen as rúas da cidade durante catro días. Aínda que, nesta ocasión, tamén hai lugar para a sorpresa deportiva: o partido de fútbol feminino entre España e Francia.

16 may 2000 . Actualizado a las 07:00 h.

REDACCIÓN VILAGARCÍA Os Terribles de Arousa serán os encargados, ás sete media da tarde do venres, de anunciar o inicio da celebración. O eido musical complétase este primeiro día coa inevitable verbena a cargo da orquestra Marsella. Será na Alameda, ás 22.30.O esquema repítese o sábado. Novamente, Os Terribles de Arousa estarán na rúa dende as 19.30, mentres que a actuación de rigor corresponde á orquestra Brass. Unha hora despois, na praza do Castro, chega a auténtica novidade do programa: Los Canallas. Trátase dun comprometido grupo madrileño, cun extenso repertorio adicado a proclamas e vellas cancións republicanas.Xa o domingo, a charanga NBA protagonizará un pasarrúas dende o mediodía. Ás cinco da tarde, festa infantil e concurso de karaoke na Pescadería. E, finalmente, dúas verbenas: ás dez, na Alameda, tocan Los Players; e as once, en Arzobispo Lago, D''Tacon.O luns ás doce, a tuna interpreta un pasarrúas. Ás oito ten lugar a tradicional procesión de Santa Rita. E, para rematar, tres actuacións: ás dez, a banda de Barro na praza de Galicia; ás once, Los Nocturnos na Alameda; e á mesma hora, Odisea en Arzobispo Lago.