Ducias de familias da Mariña de Educando en Familia participaron dunha convivencia en Ribadeo
VIVEIRO / LA VOZ
RIBADEO
Houbo contacontos con Caxoto Cativo, comida familiar, paseo en barco e no tren turístico
26 may 2024 . Actualizado a las 12:06 h.O programa educativo Educando en Familia comezou as súas actividades de fin de curso cunha convivencia familiar en Ribadeo na que participaron ducias de familias. Os asistentes gozaron dunha sesión de contacontos con Caxoto Cativo, ademais dunha comida familiar, un paseo en barco e outro no tren turístico. As actividades continuarán nos grupos da Terra Chá o próximo 6 de xuño, cunha visita ó Acuarium Finisterrae da Coruña, ó porto e ó parque do Pasatempo de Betanzos. As actividades rematarán con varias viaxes no tren de Feve pola Mariña durante o mes de xuño.