Hoxe celébrase un emotivo relevo na Librería Bahía de Foz, de Cielo Fernández a Cristina Lagares

La Voz FOZ / LA VOZ

FOZ

Cielo Fernández xestionou durante moitos anos a libraría fundada por seus pais
Cielo Fernández xestionou durante moitos anos a libraría fundada por seus pais Xaime Ramallal

Este venres haberá música e unha sesión de narración oral nun acto aberto a toda a cidadanía

06 mar 2026 . Actualizado a las 17:35 h.

A Librería Bahía de Foz, con máis de seis décadas de historia, cambiou a principios de semana de xerencia e este venres 6 de marzo acollerá un acto de despedida a Cielo Fernández, quen durante moitos anos xestionou o establecemento fundado por seus pais (Suso e Marita) e que tamén servirá para darlle a benvida oficial a Cristina Lagares, quen asumiu o traspaso o pasado luns.

Cielo Fernández manifestaba en días pasados que «a continuidade e o cambio dunha librería emblemática e cunha traxectoria tan dilatada como a Librería Bahía merece unha celebración».

Cristina Lagares, ante o mostrador co mural de Lúa Gándara, asumiu o pasado luns o traspaso do negocio
Cristina Lagares, ante o mostrador co mural de Lúa Gándara, asumiu o pasado luns o traspaso do negocio Pepa Losada

Daí que o acontecemento estea aberto a todos os veciños, amigos e cantos queiran acercarse a participar no mesmo. Empezará ás 20.30 horas e haberá unha sesión de narración oral a cargo de Charo Pita e a música interpretarana Javi Mañente, Javi García, Juan Nécega e Inés Nécega.