Pernas do Centiño, con este ano 2026, levamos 43 anos desfilando no entroido de Foz. Isto é algo real debido a que case todos somos da mesma idade, antes xóvenes duns vinte anos e hoxe algúns de nós xa temos aos nosos fillos desfilando en Pernas do Centiño.
O nome do grupo naceu porque nos anos oitenta viñera desfilar a Foz un grupo de rapazas de Ferrol que se chamaba Pernas del Río, e nós a semana siguiente puxémoslle ao grupo Pernas do Centiño, en honor ás rapazas de Ferrol e ao Centiño, un río que desemboca na Ría de Foz.
Tivemos moitísimos disfraces nos 42 anos, con este 2026 xa serán 43, pero quizáis o máis arriscado foi o de Tarzán, porque os compañeiros que ían de Tarzán, Boy e Chita pasárono mal; a muller de Tarzán non tanto. Aquel día entramos pola darsena de Foz en barco, e antes de facelo xa nos caera Boy á auga. Aínda hoxe non sabemos como pasou. Despois, cando había que tirarse de verdade, Boy estaba morto de frío e tivemos que tiralo debido a que despois saíu o cocodrilo para comelo. Foi cando Tarzán salvou a Boy con dificultade, porque o cuchillo que levaba non chantaba no cocodrilo. Finalmente, Tarzán resolveu a papeleta e a sangue brotou na darsena focense. Logo os protagonista foron case espidos en todo o traxecto do desfile, cun frío fulero e duro.
Outro papel importante foi o día da orquesta MOZAR,(desfle ano 2006 ).Ese día foi tremendo, con auga moi forte e vento máis forte aínda. Moitas persoas abandoaron o desfile, pero nosoutros emulando á orquestra do Titanic seguimos facendo o noso papel hasta o final do percorrido.
Ista é unha pequena reseña deste grupo que sempre causou gran expectación, por iso moitas veces hai grupos de persoas durante o desfile que cando nos ven chegando dicen o clásico «aí veñen eles», algo cariñoso para nós.