Bikram ioga

Estíbaliz Veiga ARRIBA O PANO!

BARREIROS

02 jul 2019 . Actualizado a las 11:22 h.

Actualmente, practícanse diversas formas de ioga e o seu éxito e número de seguidores aumenta en todo o mundo. En recoñecemento á súa popularidade universal, o 11/12/2014, as Nacións Unidas proclamaron o 21 de xuño como Día Internacional do Ioga.

A celebración deste día serve para concienciar á poboación sobre os beneficios de practicar ioga. Eu o 22 de Xuño para celebrar este día subín ó podio como terceira gañadora do reto de Bikram Ioga na Coruña.

Na súa orixe é un desafío que consiste en realizar 30 clases de bikram durante 30 días, é un reto para superar, non competir contra ninguén, competir contigo mesmo probando a túa forza física e mental. Outro factor que se engade á dificultade de perseveranza é o esforzo físico (que dou fe que é inmenso) , é que se realiza nunha sala aclimatada (sala quente) que reproduce as condicións climáticas da India, estás a 40ºC cun 40 % de humidade aproximadamente. En España estas condicións non se dan e o corpo non está acostumado.

O calor e a humidade da sala ofrecen beneficios, o quecemento do músculo facilita a flexibilidade para traballar e o aumento da transpiración, perder auga e sales que debemos recuperar, axuda á eliminación de toxinas. Por outra banda, favorécese a entrada de aire nos pulmóns, en cada clase queimas aproximadamente 700 calorías,( co Extreme Challenge pode queimar ata 21000 calorías/ 30 días) , maximiza o nivel de concentración, reduce o estres do día a día, mellora o aspecto da pel, etc…

Dende que eu practico este tipo de culto a miña mente e o meu corpo mudaron, si, tal como dí Bikram Choudhury ( creador desta serie nos 60).