O Val do Naseiro acollerá o sábado 28 unha cea baile da comisión de festas de Xunqueira
VIVEIRO / LA VOZ
A MARIÑA
O prezo do menú por persoa será de 45 euros
21 mar 2026 . Actualizado a las 21:25 h.O restaurante do hotel O Val do Naseiro, de Viveiro, continúa coa maratón de ceas bailes promovidas por comisións de patronais. Deste xeito, o próximo sábado, 28 de marzo, acollerá unha cea baile promovida pola comisión de festas de Xunqueira. O menú constará de ameixas á mariñeira, ternera asada ó estilo da avoa Adelina, tarta artesá de morte por chocolate, café e degustación gratuíta de licores El Afilador, ademais de refrescos, auga e cervexa. Durante a cita actuarán o dúo D’Vicio e Juanjo Music. O prezo será de 45 euros por persoa, e o prazo de reservas xa está aberto no número de teléfono 687 403 761. Colaboran na celebración Seiramar Espectáculos, Vinoteca Aquitania e El Afilador.