O Vencello de Burela participará nunha excursión a Monforte para visitar o Museo do Ferrocarril, o Pazo de Tor e o Centro do Viño
A MARIÑA
Será o 6 de maio coa Deputación, as prazas son limitadas (21)
11 mar 2026 . Actualizado a las 18:25 h.A asociación de veciños O Vencello foi seleccionada para participar no programa Coñece a tua provincia que promove a Deputación de Lugo. «O próximo día 6 de maio visitaremos Monforte (visita ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, visita ao conxunto monumental de San Vicente do Pino. Inclúe visita tamén ao Centro do Viño da Ribeira Sacra», avanzan. «Se queres viaxar con nos apúntate entre o 10 de marzo e o 10 de abril no teléfono 660 47 72 30 ou no correo vencelloburela@gmail.com. So temos 21 prazas», comunican.