Animan a todas as persoas interesadas a apuntarse; os encontros serán os sábados pola mañá
11 mar 2026 . Actualizado a las 18:30 h.Ribadeo pon en marcha un Aula de Teatro, que botará a andar o vindeiro 15 de marzo. A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, explicou que «na Concellería de Cultura queremos animar a todas as persoas que gustan da interpretación a participar na Aula de Teatro tanto para comezar no mundo do teatro como para mellorar a expresión corporal e a creación de personaxes ou simplemente para gozar coa experiencia de converterse noutra persoa».
A edil ribadense dixo que «consistirá nunha sesión mensual de 3 horas coa idea de facer unha representación final colaborativa aló polo mes de maio. Este proxecto estará conducido por Rubén Pérez Pombo e Daniel Vázquez Vila». Sanjurjo engadiu que «aínda que comezamos en domingo os ensaios seguramente serán os sábados pola maña. Vémonos para comezar o día 15 de marzo ás 10.30 da maña no Teatro».