O Hospital Público da Mariña disporá de dous novos ecógrafos para axilizar Uroloxía

La Voz

A MARIÑA

Hospital da Mariña, en Burela
Hospital da Mariña, en Burela PEPA LOSADA

Sanidade adxudicoullos á empresa Celta Ingenieros

05 mar 2026 . Actualizado a las 21:15 h.

A Consellería de Sanidade da Xunta vén de adxudicar á empresa Celta Ingenieros dous ecógrafos para o Servizo de Uroloxía do Hospital Público da Mariña. «A Xunta investirá unha partida de 353.199 euros para mercar cinco ecógrafos, ten como adxudicataria á empresa Celta ingenieros quen se encargará de entregar cadanseu dispositivo nos servizos de Uroloxía dos Hospitais de Monforte de Lemos, O Salnés e Barbanza. Así mesmo, dous destes aparatos terán como destino o Hospital Público da Mariña», informan desde Sanidade.

«Engaden que esta mesma empresa, Celta ingenieros, foi adxudicataria do subministro de dous ecógrafos con destinos aos servizos de cirurxía xeral e dixestiva dos Hospitais de Verín e de Monforte de Lemos. Este lote, conta cun investimento de 145.151 euros».