Presentaron su solicitud para tratarla en el pleno de la corporación
04 feb 2026 . Actualizado a las 13:21 h.El PSOE de Viveiro presentó un ruego para su inclusión en el orden del día del pleno solicitando la reparación de los baches existentes en la variante urbana. «En primeiro lugar -exponen-, nos últimos días estiveron realizándose unhas catas no Ponte Maior, ou Ponte da Misericordia, co obxectivo de comprobar o seu estado, tendo en conta o elevado número de vehículos, incluídos camións e autobuses, que transitan diariamente por el. Segundo temos entendido, os técnicos puideron constatar que o asfalto presenta gretas en varias zonas do propio ponte, así como tamén nas inmediacións da Cruz Vermella e despois da rotonda da Misericordia. De xeito máis concreto, a partir do paso de peóns elevado existente en dirección Lugo, obsérvase un socavón importante xusto ao superalo, cun estado tal que pode chegar a provocar danos nos vehículos e accidentes».
Continúan señalando que «un pouco máis adiante, nesa mesma variante, están a producirse tamén varios socavóns adicionais. Entendemos que esta situación pode deberse ás inclemencias meteorolóxicas que vimos padecendo desde hai máis de dous meses. Así mesmo, entendemos que por parte da Axencia Galega de Infraestruturas se tomaría nota destes problemas detectados. Por iso, queremos rogar no pleno que o equipo de goberno teña en conta esta situación e esixa a reparación».