«Construír en madeira é tendencia en Galicia e en Europa»

La Voz

A MARIÑA

Vanesa Baño, enxeñeira forestal de Viveiro, investigadora en Bruselas, aposta pola construción en madeira de frondosas; «as coníferas están seriamente afectadas polo cambio climático»

22 nov 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Deputación de Lugo, coa colaboración do Campus Terra da Universidade de Santiago, teñen en marcha as XXXVI Xornadas Luis Asorey. Esta edición céntrase na situación actual e os retos aos que se enfronta o sector forestal galego, a través dunha serie de conferencias gratuítas que se están a desenvolver no salón de actos da Deputación de Lugo, de 19 a 21horas.

A vindeira conferencia este luns, 24 de novembro, tratará sobre o mercado das frondosas para construción en Galicia e Europa, coa participación da enxeñeira forestal galega Vanesa Baño, natural de Viveiro, investigadora sénior en InnovaWood -unha rede europea para a investigación, a innovación e a educación no eido da madeira, con sede en Bruxelas-.

Vanesa Baño ten unha experiencia de máis de 20 anos en temas relacionados coa madeira na construción, tanto desde o ámbito científico como profesional. Baño salienta que «os bosques de frondosas preséntanse en varios escenarios como os resilientes fronte ao cambio climático. Non obstante, a madeira de frondosas é aínda un recurso infrautilizado en Europa no sector da construción».

— Aquí en Galicia aínda non se emprega moito a madeira para a construción.

— Eu diría que en Galicia a madeira é un material tradicional nas nosas construccións, aínda que as especies de madeira empregadas, os produtos, e os usos na construcción foron variando ó longo do tempo. Na década dos 80-90 empezou a fabricarse madeira laminada encolada en Galicia. É bastante recente que a industria de fabricación de productos de madeira laminada encolada estruturais para a construcción con madeira empregue madeira procedente dos bosques locais. Un exemplo destacable é a empresa Xilonor, que comezou a producir paneis de madeira contralaminada (paneis prefabricados que funcionan como muros portantes ou forxados) con piñeiro radiata procedente de plantacións galegas no ano 2021. Este tipo de produto ven ligado a unha nova tendencia internacional á construcción de edificios de varias plantas con madeira, tendencia á que tamén Galicia se empeza a sumar.

—Cais son as ventaxas da madeira de frondosas?

— As ventaxas da madeira de frondosas están ligadas principalmente á súa calidade estética (madeiras como o castiñeiro e o carballo son moi apreciadas pola súa apariencia), por ter normalmente propiedades físicas (densidad) e mecánicas (resistencia e módulo de elasticidade) maiores que as coníferas e por ter tamén unha durabillidade natural maior fronte ó ataque de organismos bióticos (fungos e insectos), aínda que todas estas propiedades varían dependendo da especie de madeira. Outra ventaxa para o uso de madeira de frondosas en construcción en Europa é que está máis disponible nos bosques europeos. Ademais, o cambio climático está afectando seriamente ás plantacións de coníferas comúnmente usadas no sector da construcción nalgúns países europeos, polo que algúns industriais están empezando a introducir a madeira de frondosas nas súas liñas de producción.

— Ten algunha desventaxa a madeira de frondosas, quizais o custe de produción?

— A construcción con madeira en Europa está moi ligada ó uso das coníferas. Tanto os procesos industriais como as normas técnicas de fabricación de produtos estruturais están desenroladas para coníferas, que son madeiras máis homoxéneas e sobre as que se investigou máis. A modo de exemplo, a heteroxeineidade das frondosas fai que non exista aínda unha norma técnica europea harmonizada para a fabricación de madeira laminada encolada con estas especies, como sí existe para as coníferas. A esto súmanselle maiores retos a nivel industrial, coma maiores tempos de secado e maiores dificultades de encolado. Sin embargo, a pesar destes retos industriais, son varios os fabricantes de productos estructurais que están apostando polas frondosas. Algúns exemplos en España son Sierolam (Asturias) e Gámiz (País Vasco), que fabrican madeira laminada de castiñeiro e carballo, respectivamente.

— É vostede natural de Viveiro, pero está a investigar sobre a madeira en Bruselas.

— Son natural de Viveiro, actualmente vivo en Lugo e traballo para InnovaWood, con base en Bruselas, dende 2022, un privilexio que me permite traballar dende a miña terra nun entorno internacional que enriquece a miña visión da investigación e a educación en madeira.

Cabe lembrar que a charla mañá de Vanesa Baño, viveirense, enxeñeira forestal e investigadora, é no salón de actos da Deputación ás 19 horas.