O Concello de Cervo organiza este sábado o Trail de Sargadelos, unha carreira de montaña que combina natureza, historia e deporte

La Voz

A MARIÑA

CARLOS CORTÉS

As inscricións para participar están abertas ata o venres, día 25

21 jul 2025 . Actualizado a las 14:04 h.

O Conxunto Histórico?Artístico de Sargadelos acollerá unha carreira de montaña no marco das tradicionais Festas de Sargadelos. Será este sábado e desputarase o Trail de Sargadelos, organizado polo Concello de Cervo e a asociación Amigos da Troula. A cita deportiva combinará natureza, historia e esforzo físico nun circuíto que atravesará lugares emblemáticos desta contorna espectacular.

As modalidades e horarios das probas son as seguintes: Andaina, con saída ás 9:30 horas. Carreiras infantís nas diferentes categorías a partir das 9:35 horas e trail absoluto con saída ás 10:15 horas. A recollida de dorsais realizarase de 8:45 a 10:00 horas o día da proba.

As inscricións están abertas ata o 25 de xullo a través da plataforma www.sportmaniacs.com e a proba forma parte do circuíto de carreiras Duacode Run Foz Run 25. Desde o Concello de Cervo e Amigos da Troula, animan a formalizar a inscrición destacando que esta proba é unha oportunidade única para gozar dunha experiencia deportiva en contacto coa historia e a natureza de Sargadelos: «Queremos que Sargadelos sexa un punto de encontro entre a nosa historia e o presente, un espazo onde celebrar, correr e compartir», din.