65 tatuadores nacionales e internacionales se dan cita este finde de Semana Santa en un pazo de Viveiro

La Voz

A MARIÑA

PEPA LOSADA

Repiten la experiencia en el Pazo da Trave tras el éxito de participación el pasado año de gente interesada en realizar tatuajes

13 abr 2025 . Actualizado a las 12:35 h.

Unos 65 tatuadores y tatuadoras nacionales e internacionales se da cita este fin de semana en el Pazo da Trave, en Viveiro. Participan en la Viveiro Tattoo Expo, un evento que nace del equipo de Viveiro Tattoo, un estudio de tatuaje fundado en Viveiro hace casi una década por tres amigos apasionados por este oficio.

«O ano pasado celebramos a primeira edición co propósito de fortalecer as relacións entre profesionais do sector e fomentar unha comunidade arredor da tatuaxe. Debido á gran acollida que tivo, tanto por parte da xente da contorna como de visitantes chegados de diferentes puntos da península e Portugal, este ano puidemos darlle continuidade», explican desde el Pazo da Trave, donde realizan tatuajes.

«Cada vez son máis as persoas interesadas en vivir unha fin de semana conectando coa natureza nun enclave tan especial como o lexendario Pazo da Trave, mergullándose na cultura que hai detrás do oficio da tatuaxe. O interese por adornar os corpos cunha tatuaxe única segue medrando entre un público que busca algo máis que a superficialidade promovida nos ámbitos máis comerciais do sector», apuntan.

«Nesta segunda edición, contamos de novo con preto de 65 tatuadores e tatuadoras procedentes de distintos puntos da península e do estranxeiro, que traerán a Viveiro a súa visión do oficio. O evento ofrecerá á xente da contorna a oportunidade de facerse cunha tatuaxe única, adquirir láminas orixinais e coñecer diversas aproximacións a esta tradición. Aínda que para certos sectores da poboación a tatuaxe poida parecer algo recente ou moderno, pode considerarse un vehículo cultural presente nas diferentes sociedades desde tempos ancestrais».