A Xunta adxudica dúas parcelas no polígono de Cervo a dúas empresas: unha de fabricación de elementos metálicos e outra de aparcamento de coches ao aire libre

La Voz

A MARIÑA

PEPA LOSADA

O prezo das parcelas, que ocupan máis de 10.600 metros cadrados tivo bonificación

02 abr 2025 . Actualizado a las 09:29 h.

A Xunta de Galicia acaba de adxudicar un total de 88.419 metros cadrados de solo empresarial propiedade da sociedade Xestión do Solo de Galicia-Xestur en oito polígonos industriais galegos distribuídos nun total de 21 parcelas, entre eles o de Cervo, na Mariña. Estes parques teñen unha bonificación no prezo de venda das parcelas que oscila entre o 30 % e o 50 %, dependendo da localización do parque empresarial.

En concreto no parque empresarial de Cervo adxudicáronse dúas parcelas no polígono (10.678 m2); «unha delas -segundo informa a Xunta- para unha empresa dedicada ao almacenamento e fabricación de elementos metálicos, e outra para unha compañía dedicada ao estacionamento ao aire libre de vehículos». O importe de adxudicación destas dúas parcelas foi de 213.400 euros.