O club dá continuidade con éxitos importantes a unha tradición deportiva moi arraigada na vila ribadense
10 ene 2025 . Actualizado a las 10:06 h.O deputado de Mocidade Daniel García recibiu ao Club de Remo de Ribadeo na Deputación de Lugo, que ven de cumprir 40 anos de actividade. Nun acto celebrado na sede da Deputación de Lugo con palistas e persoal técnico e directivo do club, o responsable provincial valorou a traxectoria do club que dá continuidade a unha tradición deportiva moi arraigada en Ribadeo, cun notable éxito competitivo.
Daniel García recoñeceu «o esforzo que supón practicar esta disciplina deportiva, moi condicionada polo custo do equipamento e pola dificultade dos desprazamentos» e mostrou a súa colaboración.