Xeración Xennial


TDi o xornalista M. Harris no seu libro The End of Absence, son a última xeración en recordar como era a vida antes da internet. Non tiñan móbil ata a universidade. O Grunge foi algo que escoitaron os maiores e saben máis de Winona Ryder por Stranger Things que por Reality Bites.

Somos os que nacemos entre 1977 e 1983. Non había Tinder e chamábamos ó saír do «insti» ó fixo da persoa á que nos gustaba coa esperanza de que non respondesen seus pais.

O que boto especialmente de menos é saír da casa sen teléfono móbil e coa cabeza erguida, sen tres WhatsApp por minuto avisando de quen chega tarde.

Tivemos o Alcatel One Touch Easy, amarelo ou turquesa. Vimos ás Azúcar Moreno cantar ó Bandido en Eurovisión, bailamos Technotronic, Eminem ou incluso Ecuador e os seus sons máxicos, por suposto sen Spotify, gravándoo todo nas cintas TDK e rebobinándoas cun «boli bic»...

A etiqueta Milenial é discutible e xera rexeitamento: 40% dos estadounidenses desa «categoría» séntense parte dela, segundo o Pew Research. O 33% considérase X. É comprensible xa que a maioría dos adxectivos que se lles adican son (inxustamente) negativos: «egoístas, preguiceiros, ninis...» Estou segura que non responden á realidade.

O que está claro é que a nostalxia por aqueles anos cada vez está máis presente na TV, na moda, na música… Igual volver ó «mundo xennial», por un anaco, non estaría nada mal.

*Estíbaliz Veiga é actriz de Celeiro (Barreiros).

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Xeración Xennial