Crise

Estíbaliz Veiga ARRIBA O PANO!

A MARIÑA

13 sep 2019 . Actualizado a las 13:01 h.

Somos auga, si, case todo o noso corpo. E somos habitantes dun planeta cuxa superficie é principalmente auga. Somos animais terrestres, pero dependemos dos océanos moito máis do que cremos. Estamos estragando o equilibrio oceánico. Estase intentando deter o impacto humano no planeta e conseguimos protexer o 15 % da superficie terrestre, en comparación cun 3,5 % de zonas marítimas.

A fotografía tomada o 13 de xuño por Steffen M. Olsen foi tendencia do momento en Twitter e converteuse en viral. Mostra cans tirando un trineo no fiorde de Inglefield Bredning, situado ao noroeste de Groenlandia, e pódese ver como os animais están camiñando sobre o xeo derretido. A pesar de que o verán estaba moi preto, nesta zona da Terra as temperaturas máximas de xuño son de 3,2 graos, segundo Andrés Barbosa, investigador do CSIC e director de campañas no Ártico. A estación meteorolóxica máis próxima ao aeroporto de Qaanaaq, no noroeste de Groenlandia, rexistrou un máximo de 17,3 graos o 12 de xuño e 15 graos o día seguinte.

Os gobernos e a sociedade deberían traballar xuntos para frear as consecuencias da crise climática. Unha das conclusións desta é a alteración do equilibrio entre a temperatura e a salinidade da auga do mar pola achega de auga doce dos glaciares, que poden afectar ás correntes mariñas. De acordo co modelo de simulacións climáticas, espérase con certeza o derretemento do xeo mariño, con consecuencias para as poboacións locais e os ecosistemas do Ártico.

Eu estou realmente alarmada, escribo estas liñas para compartir a miña preocupación e facerme eco desta gran crise climática.

Anímovos a visitar www.wearewater.com

*Estíbaliz Veiga é actriz, natural de Celeiro de Mariñaos, parroquia barreirense.