Grazas a todos por facer posible o Resurrection Fest


Tras a finalización da XIV do Resurrection Fest, dende o concello queremos facer balance e valorar positivamente que a edición máis multitudinaria rematase sen incidentes graves. A coordinación e o intenso traballo desenvolto tanto polos corpos de seguridade como pola propia organización do festival permitiron que todo saíse segundo o previsto e que Viveiro se convertise, un ano máis, no epicentro mundial deste tipo de música. A todos os que velaron pola seguridade de veciños e visitantes ao longo desta intensa semana, a nosa máis sinceira gratitude.

Dende o Concello de Viveiro tamén queremos agradecer publicamente á organización do festival polo gran traballo realizado, por superarse en cada edición e por facer de Viveiro e do Resurrection Fest un fenómeno sociocultural de esta magnitude, batindo nesta edición os seus propios récords con 102.053 entradas en catro días.  

Tamén queremos agradecer ao persoal do concello e empresas concesionarias dos servizos municipais polo seu traballo antes, durante e despois do festival, un traballo que garante a prestación de servizos durante eses días e a volta á normalidade tras o seu remate.

 Finalmente, como non podía ser doutra maneira, o noso agradecemento aos veciños e veciñas de Viveiro. Creo que unha parte importante do éxito do Resurrection Fest depende do entorno no que se celebra e da empatía mutua entre visitantes e veciños, dos que cómpre destacar a súa amabilidade, respecto e tolerancia. Nesta mención quero agradecer dunha maneira máis especial aos veciños e veciñas de Celeiro, por seren eles os que "sofren" máis intensamente as medidas adoptadas para garantir a seguridade -con cortes de tráfico e accesos restrinxidosos-, os ruídos e demais consecuencias dun festival evidentemente altera a rutina diaria. 

Grazas a todos por facer posible que novamente o Resurrection Fest sexa un referente internacional para Viveiro e, por suposto, un recordo para Melchor Roel, o anterior alcalde, que foi o primeiro en crer neste festival e apoialo nos seus inicios.

Por María Loureiro, alcaldesa de Viveiro Alcaldesa de Viveiro

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

Grazas a todos por facer posible o Resurrection Fest