O viveirense Lage Seara viaxa por EE.UU. e Cuba e manterá encontros con emigrantes


viveiro / la voz

O edil viveirense Antonio Lage Seara, de NN.XX do PP, viaxa nestes meses de Xuño e Xullo a USA e Cuba. Aproveitando a viaxe de índole particular en calidade turística e sufragada con fondos propios, tal como matiza, visitará a Oficina de Turismo de Chicago para promover a imaxe de Viveiro e A Mariña en Estados Unidos. Estará na Habana para reunirse con representantes de colectividades e buscar información, e co presidente actual de “Viveiro y su Comarca”, «unha sociedade que tanto aportou fundando colexios e institucións, para promover a mellor calidade de educativa, social e de vida, e a que tanto se lle debe gratificar», explica. Aproveitará para recoller documentación da época, potenciar a filantropía e os modelos de altruismo e mellora do pobos , «trátase de voltar a enlazar unha aperta fraternal e de relacións», di.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O viveirense Lage Seara viaxa por EE.UU. e Cuba e manterá encontros con emigrantes