Isaac e a ponte da Ría de Viveiro

Camilo Díaz Arias

A MARIÑA

09 mar 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

A semana pasada saíu a noticia neste xornal, de que solución que propón a Xunta de Galicia para desviar o tráfico do centro de Viveiro e continuar coa vía rápida de outas prestaciós, da que está xa construída un tramo entre Cervo e Celeiro, está en facer

unha ponte pola Ría.

Sin entrar a valorar esta solución dende o punto de vista político, mais ben razoando teinicamente, contarei o que Isaac Díaz Pardo pensaba (que incluso llo ten comentado a algún Conselleiro da Xunta), sobre este tema pola urxencia que este proxeto ten para evitar atascos de tráfico sobre todo nas datas estivais desviando a circulación de vehículos do casco urbán de Viveiro. E tamén que a Mariña Luguesa precisa xa sin mais retrasos unha boa vía rápida, pois a nosa estrada da costa xa non da mais e se atopa

nun mal estado de conservación.

A Sargadelos pola Gañidoira

Sabido e que Isaac dende o ano 1967 en que o Laboratorio de Formas iniciou o proxeto de restauración da actividade cerámica en Sargadelos, cando comenzaron as obras da Planta Circular conformando o novo Complexo de Sargadelos, que dirixiu hasta que foi cesado no 2006, viaxaba como mínimo unha vez por semana entre Sargadelos e o Castro para atender a outra fábrica, Cerámicas do Castro, tamén fundada por él. Casi

sempre tomaba o camiño mais corto pola Gañidoira, que suponía pasar por Viveiro, e mais dunha vez foi vítima dun atasco que lle facían perdelo tempo , un recurso moi valioso para él. Por aqueles anos non asomaba aínda o proxecto da Autovía do Cantábrico e as estradas da Mariña estaban daquela maneira.

Opinaba como artista e deseñador

Quenes as veces viaxábamos con Isaac témoslle escoitado o seu pensamento sobre este tema. Decía que a mellor solución estaba xustamente en facer unha ponte pola Ría, pois a outra significaba facer un túnel a través do monte de S. Roque, o que era unha obra descomunal. Opinaba, desde o seu punto de vista como artista e deseñador,

e decía que era moito mais fermoso cruzar a Ría de Viveiro por unha ponte disfrutando da paisaxe que ir por un túnel. Obvio.

Esta reflexión a fixo moitas veces nos 40 anos de viaxes, porque o paso por Viveiro era moi complexo na medida que avanzaba a democracia e o país iba económicamente mellor, porque cada vez había mais automóviles, e as carreteras son casi as mesmas. “Se oubese unha ponte ? decía ? outro galo cantaría!!!”.

Ben, pois isto e o que pensaba Isaac, que eu transmito agora que se está a falar de facer unha ponte pola Ría como alternativa, e que valoren o que Isaac pensaba pois se vivise a apoiaría sin dudalo, e por suposto sen ánimos de interferir o traballo dos teinicos, pero tendo en conta ? falo do que él comentaba - que aparenta ser unha

solución mais corta, mais barata, mais ecolóxica (polos escombros que produce un túnel), e sobre todo mais bonita.

Esa futura ponte realzaría a Viveiro e a súa Ría, conectaría coa carretera da costa hacia Ortigueira e Ferrol e necesitaría un enlace para acceder hacía Ourol, Muras, As Pontes, pasando pola Gañidoira.