O Concello de Cervo presenta un orzamento de máis de 7 millóns para este 2018

La Voz CERVO / LA VOZ

A MARIÑA

XAIME RAMALLAL

O goberno de Villares adica case un millón a investimentos reais

09 ene 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Cervo, a través do alcalde, AlfonsoVillares e da edil de Facenda, Dolores García Caramés, presentou os orzamentos do 2018 a toda a Corporación Municipal durante a Comisión de Facenda, que tivo lugar no día de onte.

O presuposto para este ano ascende a máis de 7 millóns de euros, equilibrado tanto en gastos coma en ingresos.

Persoal: 2.858.313 euros

Tal e como apuntou o rexedor, AlfonsoVillares, trátase dunha cifra nivelada entre os ingresos e gastos que ascende a 7.075.028,97 euros. O rexedor destacou a partida dirixida a gastos de persoal, por exemplo, que é de 2.858.313,51 euros; aproximadamente un 40% do orzamento, «o que é boa mostra da aposta deste equipo de goberno por ofrecer aos nosos veciños servizos maioritariamente públicos, xestionados integramente dende o propio Concello».

Investimentos

Villares resaltou así mesmo o apartado de investimentos reais, «ao que tamén diriximos unha contía importante que ascende a case un millón de euros porque a nosa intención é seguir esa liña que vimos marcando nestes últimos anos co fin de mellorar a calidade de vida dos nosos veciños, investindo naquelas infraestruturas esenciais que moitas veces non se ven, como as melloras na rede de abastecemento ou o achegarmento do saneamento aos núcleos rurais, dotándoos de servizos de calidade para os seus habitantes, e coas que tamén tentamos favorecer o asentamento de nova poboación nas

nosas aldeas», explicou.

«Apartados esenciais»

«Seguimos así mesmo ?engadiu o alcalde de Cervo- apostando pola dinamización e activación social no noso municipio, dirixindo unha aportación importante a aqueles apartados que consideramos esenciais como son a educación, a cultura, os servizos sociais ou mesmo o turismo, no noso municipio». «Pretendemos polo tanto con estes orzamentos que vimos de presentar proseguir ese camiño inversor que vimos marcando dende vai anos, prestando especial atención a dar resposta ás necesidades e demandas que nos veñen solicitando os nosos veciños», concluiu sinalando o alcalde de Cervo, o popular Alfonso Villares.