Maria Mayoral ingresará na Real Academia Galega como membro de honra o día 2

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

25 nov 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

A escritora Marina Mayoral, nada en Mondoñedo en 1942, ingresará o vindeiro 2 de decembro na Real Academia Galega como académica de honra. Novelista e investigadora, ademais de catedrática da Universidade Complutense de Madrid, Mayoral é autora dun centenar de traballos sobre diferentes autores, entre os que destacan os dedicados a Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán. Sobre a primeira delas versará o seu discurso de entrada na RAG, que levará por título «Por que Murguía destruíu as cartas de Rosalía?».

A continuación, o académico de número Xosé Luis Franco Grande será o encargado de darlle resposta en nome da academia. A cerimonia, de entrada libre, desenvolverase na sede da propia institución (Rúa Tabernas, 11 - A Coruña), a partir das 12.00 horas.