Aqueles que seguen o concurso «Recantos» do programa Luar da TVG saben que hai representante mariñá no certame. Ela é Lara Rodríguez, vicedense, quen tras ter pasado a primeira chega hoxe á segunda fase, a seguir gozando de cantar.
-Como van os nervios?
-Agora de nervios ben. Pero hai uns días estaba nerviosa.
-Cantas tilas tomou xa?
-De momento ningunha. Mañá [por hoxe] xa se verá...
-Como vai a experiencia?
-Somos unha piña. Este ano están sorprendidos porque nos levamos moi ben.
-Os de antes eran máis rivais?
-Nesta edición somos máis amigos antes que rivais.
-Cal vai ser tema a cantar?
-A rapaza yeyé de Concha Velasco... bueno, con i latina. Quero facer a miña versión miña, creo que ben e que é máis persoal.
-Non lle da toque «heavie»?
-¡Non, non, non...! (Ri).
-Quen a vai acompañar?
-Vén a miña xente, de Viveiro, amigos e familia.
-Por certo, Gayoso é de baixa estatura como parece, non?
-Si pero é moi boa xente.
-Como ten que facer o espectador para votar por vostede?
-Agora estamos na segunda fase. Hai que esperar a que despois das dúas actuacións que van antes a que digan que as liñas quedan abertas e entón chamar ao «meu» número que vai aparecer nas pantallas. É o 988 600 681. Eu xa o sei de memoria.
-Cales son as expectativas?
-Conto pasar, pero hai moito nivel e nunca se sabe.
-Sabe cando sería a terceira?
-Non. Dan as datas despois.