O Día das Letras... en maiúsculas

Yolanda García Ramos
Y. GARCÍA VIVEIRO / LA VOZ

A MARIÑA

Pepa Losada

Vilas da Mariña celebraron actos en homenaxe a Manuel María que continuarán

18 may 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Onte era o Día D, o día en maiúsculas das Letras Galegas que se viviu en diferentes recunchos da Mariña coma O Valadouro, Barreiros, San Cibrao ou Xove, con actos programados para esa xornada, entre outros. Nas localidades más grandes, como en Viveiro, o ciclo municipal Letras e Música do Concello converteu onte A Praza da Fontenova nun lugar de disfrute de concertos e dos libros en galego que vendían as librarías locais Neira-Brochs e Porta da Vila. Dentro do programa local, mañá, xoves 19, proxectarase un documental sobre o poeta (Teatro Pastor Díaz, 21.00 horas). En Ribadeo, Uxía e Magín Blanco ofreceron unha tarde entretida e para todos os públicos e o edil de Cultura Farruco Graña inaugurou unha exposición de 40 debuxos de Manuel María, de Martínez Coello e outros artistas, aberta ata o 11 de xuño na Oficina Municipal de Turismo.

En Foz, a radio municipal, RadioFoz, fixo unha programación especial con invitados destacados como a viúva de Manuel María, Saleta Goi. Ata Ourol achegouse o cronista oficial de Viveiro Carlos Nuevo Cal para falar do poeta e os rapaces elaboraron un mural e marcapasos. En Mondoñedo convocaron un concurso escolar de redacción en torno «á impresión sobre a figura do poeta chairego» dos máis novos. Abriu o prazo ata o 27. E en Lourenzá tamén abría onte outra mostra, a de 28 artistas galegos ilustrando Cantares Gallegos de Rosalía, no Pazo de Tovar.