¿Antes o home, despois o peixe?

A MARIÑA

Cada fin de ano, a mesma incertidume. Armadores e mariñeiros agardan que a UE decida cánto poden pescar. Coma outras veces, a UE, pensando nos peixes, propón recortes brutais. Despois de anos de desguaces de pesqueiros, os que prantexaba para o 2016 condenarían á morte aos barcos de litoral. Certo que moitos seguirán contra as cordas. E parece verdade que os mercados contan como o estado dos recursos á hora de repartir as cotas. Tan real como que semella que na UE comezan a decatarse de que os peixes importan moito, pero de nada valen se por protexelos se cargan aos pescadores. ¿Chegaría o momento de pensar que antes o home e despois o peixe?