Un total de 16 locais hostaleiros participan nas xornadas dende hoxe
10 oct 2014 . Actualizado a las 15:53 h.«Ponte de bonito» volve a Burela para satisfacer os padais que gustan do príncipe azul. Acia Burela está detrás destas xornadas gastronómicas nas que calidade e produto local son dúas máximas que se aplican en cada nova edición. Esta arranca hoxe e rematará este domingo, día 12. Ademáis, aqueles que proben as miniracións de bonito, ao prezo de 2 euros, sempre e cando selen a tarxeta en cinco locais como mínimo, entran no sorteo dunha fin de semana nun balneairo, para poñerse máis «bonitos» se cabe.
-Estamos no tramo final da costeira, precisamente.
-Probablemente sexan dos últimos barcos que entran de bonito. Absa, que colabora con nós, nos dicía ao primeiro que ao mellor podía haber complicacións para conseguir agora pero hoxe (por onte) entrou un barco, así que non hai problema. Esta é unha boa maneira de cerrala.
-¿Non se pensou en facela antes, sen interferir na Festa do Bonito, cunha data xa sagrada?
-Non. Todos os anos a fixemos así. Este é o terceiro ano que facemos «Ponte de peixe» pero este ano nesta non hai ponte porque o festivo é o domingo, o día do Pilar. En outubro é do bonito, en novembro da merluza e en decembro do polbo. É unha maneira de aproveitar o final de campaña e para promocionar os produtos que se descargan no noso porto e tamén para presumir da hostelería que temos. Este ano o nivel de tapas é grande, a pinta é impresionante, aínda que non as probei. Están os carteis na rúa e creo que é o nivel máis alto que tivemos con diferencia. Os hostaleiros estanse a esforzar moitísimo. É moi importante cando ves a súa dedicación e que están implicados con Acia Burela. Son 16 os locais que participan.
-¿Cal das tres xornadas ten máis aceptación?
-As tres teñen moi boa aceptación. Máis ben vai en función de como coincida a ponte pero a nivel de produto todas funcionaron sempre ben.
-Por curiosidade, ¿como lle gusta o bonito?
-En rollo encantame pero é un peixe que se pode preparar de calquera maneira.
-Xa se ve que agora ata se fai xamón cocido do peixe...
-E tamén vin chorizos de polbo como presentaron en Conxemar.
-¿Haberá algunha preparación de bonito especial ou rara?
-En principio creo que vamos a degustar o produto natural.
pedro fraga otero presidente de acia burela