Domingo Alló Puñal: «O segredo é ter moita devoción ao oficio... case é unha relixión»
A MARIÑA
De pai dedicado ao mesmo oficio e formado en Santiago, sinala que outra parte do seu traballo é moi audidacta
21 may 2013 . Actualizado a las 01:40 h.Domingo Alló (Santiago, 1966). suma unha experiencia como cociñeiro do restaurante La Paz en Covas (Viveiro) de aproximadamente 20 anos. Pese a tanto tempo de traxectoria profesional, «sempre queda por aprender... se non, isto sería moi aburrido», confesa.
-De cando empezou a agora, ¿que diferenzas ve á hora de traballar entre fogóns?
-Sobre todo que agora non se utiliza tanta graxa nin fariña, que é unha comida máis natural.
-Tamén o agradece, sobre todo quen ten que comer a diario nun restaurante, ¿non?
-A tendencia é a non comer tan forte, pero con este frío está claro que sempre apetece algo con máis graxa.
-¿Que tipo de produtos son os que máis traballa día a día?
-O forte da cociña de La Paz é o peixe e o marisco, que veñen da lonxa de Celeiro. Son produtos que están a un bo nivel.
-¿Cal sería o segredo de todo bo cociñeiro, según vostede, ou que consello lle daría a un futuro cociñeiro?
-Sobre todo terlle moita devoción ao oficio... case é unha relixión. E imaxinación... e paciencia á hora de facer as comidas.
-¿Cal é o que máis lle gusta?
-Cando teño que preparar os ingredientes.
-¿Cales son os pratos que prefiren os clientes de La Paz?
-O especial de rape, a paletilla de cordeiro, as ameixas con setas e unha cazola de vieiras, gambas e cocochas. En postres, a tarta de queixo caseira, que é feita no forno, non é fría.
-¿Onde aprendeu o oficio?
-Meu pai era cociñeiro. Ademais, estiven dous anos en Santiago na Escola de Hostalería. Pero outra parte é autodidacta. Sobre todo equivocándose un é como realmente se aprende.