«Hai moito interés na maternidade subrogada»

A iniciativa a remitir ao Congreso sae de Foz, en apoio ao caso da lucense Marta López


FOZ / LA VOZ

Aurora González (A Pontenova, 1970) é a secretaria da comisión que promove unha Iniciativa Legislativa Popular (ILP) para conseguir ao final do camiño que emprenderon, e que chegará ao Congreso, a regulación da maternidade subrogada, coñecida popularmente como ventres de aluguer, en toda España.

-¿De onde xurdiu a idea?

-Foi a raíz do caso de Marta, de Lugo, pero a idea de facer a comisión xurdiu dende Foz. Ela miraba o da maternidade subrogada noutro país, pero ten o condicionante económico. Dentro deste grupo case todos temos fillos e os tivemos de maneira natural. Estamos metidos no allo por Marta en concreto e, por extensión, por quen non pode ter fillos por problemas físicos.

-¿Teñen fe en conseguilo?

-Esperanza temos. Vai abrir un debate na sociedade, aínda que non nos gusta a expresión «ventre de aluguer». Na maternidade subrogada a persoa que presta o seu ventre se implica emocional e fisicamente. Para empezar a persoa que vai a xestar o neno o vai facer de forma voluntaria. Nós contemplamos as dúas posibilidades, con ou sen contraprestación económica, según as circunstancias particulares. Hoxe se delegan coidados do fillo a persoas que cobran, ¿non? Pois para nós a maternidade subrogada é unha persoa que coida do teu fillo durante nove meses.

-¡En Facebook hoxe (por onte) tiñan 800 ?Me gusta?!

-E en pouco tempo. Colleunos por sorpresa. Creamos a páxina o 5 de febreiro e outra conta en Twitter. A idea inicial era facerlles chegar esta iniciativa aos nosos amigos pero tras enterarse a prensa houbo un efecto para o que non estabamos preparados. Hai moita xente interesada.

-¿En que fase están agora?

-Estamos redactando a proposición non de lei. Recompilamos lexislación de outros países onde está permitida. En principio partiamos de cero. Agora contamos coa colaboración dun avogado especialista en Derecho de Familia, Joan Cerdá, que está traballando moito e sen coñecernos persoalmente. Primeiro hai que presentala na mesa do Congreso, haberá 15 días para admitila a trámite e se enviaría á Xunta Electoral Central para empezar a recoller firmas.

A comisión conta co correo maternidadsubrogada@yahoo.es e co teléfono 638 155 839.

AURORA GONZÁLEZ SECRETARIA DA COMISIÓN PARA REGULARIZAR OS VENTRES DE ALQUILER

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos

«Hai moito interés na maternidade subrogada»