Nenos, non números

Mar Chaves

A MARIÑA

Despois das manifestacións dos responsables da Consellería de Educación coñecidas a través de un medio de comunicación, xa que ata o dia de hoxe ninguén se dirixiu a nos, quixeramos decir o seguinte:

Parece ser que para a Consellería de Educación e os seus dirixentes é tan doado como facer unha simple suma: 3 unidades de educación infantil + 6 unidades de educación primaria= 9 unidades, polo tanto según o «catalogo» a un centro lle corresponden un número de profesionais. Terá as mesmas necesidades un centro se 204 alumnos que un de 80? É o mesmo que nunha aula de nenos e nenas de 3 anos sexan 25 ou 15? Necesita os mesmos especialistas un centro no que conta con 7 nenos/as con necesidades educativas especiais que os que teñen 2 ou ningún? Non deberían contar con mais profesorado de apoio os centros cun elevado número de alumnos que precisan reforzos educativos por diversas causas? Non se ten en conta a hora de adxudicar persoal docente aos centros que un 10% dos estudantes procedan de moitos países diferentes, cando saben que a gran mayoría se incorpora de forma tardía ao sistema educativo galego polo que presentan un notable desfase curricular, problemas de adaptación, idiomáticos, etc? ?.Considero que o número de profesionais debe establecerse en base ás necesidades reais que presenten cada un dos centros de ensino da nosa comunidade e non polo plantexado no que denominan «catalogo».

Pero dende a Conselleria (La Voz de Galicia 15/11/2011) responden que o CEIP de Covas conta coa dotación de persoal «suficiente» para atender o alto número de nenos que requiren algún tipo de atención educativa especial «e incluso máis profesorado do que se plantexaba no catálogo». Deberiamos agradecerlle este gran privilexio do que disfrutan os nosos fillos e fillas? Certo é que temos unha profesora máis do plantexado no catálogo; realiza labores de apoio na aula de 6º curso de primaria, aula da que tan soio relatarmos algunha das suas «peculiaridades»: 26 alumnos (a ratio esta en 25 pero os repitidores non contan) que a finais de curso deberán promocionar para pasar á educación secundaria, 3 alumnos con necesidades educativas especiais ( un por paralises cerebral, outro por síndrome de Dawn e outro con outra deficiencia moi aguda que non vou describir porque non puiden falar cos pais para que me autorizaran como se fixo nos outros dous casos)?

Maior e a indignación das nais e pais cando, paradoxicamente, ó dia seguinte de reunirnos para decidir as medidas a tomar ante a situación do noso centro, se publica no DOG a Orde do 31 de outubre de 2011 coa relación dos 43 centros privados concertados aos que se lle conceden axudas económicas para a contratación de auxiliares de conversa coa finalidade de mellorar a competencia lingüística do alumnado en linguas estranxeiras (DOG do 11/11/2011). Ou sexa que tamén cos nosos impostos están subvencionando que os fillos e fillas das familias máis acomodadas e con maior poder adquisitivo melloren as linguas estranxeiras e os nenos e nenas que cursan os seus estudos no centro público de Covas procedentes de países tan diversos como Brasil, Reino Unido ou Etiopía non dispoñen dos recursos suficientes para recibir os reforzos e apoios necesarios non para mellorar se non para adquirir as competencias lingüísticas nas linguas oficiais da nosa comunidade. Esto é un claro exemplo de cómo se está a subvencionar os centros privados concertados e ós públicos non se dotan dos recursos necesarios, e se os nosos fillos precisan un apoio non o pode recibir porque outros compañeiros e compañeiras teñen unha necesidade maior e os medios non dan para máis.

Mirando a lexislación, dende a propia Constitución española ate o máis recente borrador do proxecto do decreto que regulará a atención á diversidade nos centros docentes da comunidade galega, na que repetidamente se fai mención da calidade educativa, de accións preventivas, da atención temperá, do desdobrameno de grupos, da atención á diversidade, do éxito escolar, etc, etc ? e de que as administración públicas facilitarán os recursos persoais e materias necesarios. Atopamos suficientes argumentos para as nosas demandas: incorporación inmediata dunha profesora de educación infantil, preferiblemente con perfil de pedagoxía terapeútica, xornada completa para a especialista en audición e linguaxe e a orientadora e creación para o vindeiro curso da praza de especialista en audición e linguaxe.

O número de profesionais debe establecerse en base ás necesidades reais