«Creo que o ERE está a caer porque os prazos esgótanse»

Inmaculada Eiroá González
i. eiroá LOURENZÁ / LA VOZ

A MARIÑA

O portavoz dos traballadores ve difícil chegar a acordos

02 nov 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

«Na empresa levo 28 anos e nove no comité. Empecei a traballar aquí con 16 anos, faltábanme nove días para cumprir os 17. Non traballei en ningún outro sitio». Así o conta José Antonio Rodríguez, o presidente do comité de Muebles Hermida, que, segundo el mesmo sinala, nestes momentos, dende o 31 de marzo, está en excedencia na firma por cargo sindical.

-Que puntos poñen hoxe sobre a mesa. ¿É unha reunión transcendente?

-Dende o sindicato imos insistir no que xa levábamos: ERE temporal, redución de xornada, prexubilacións, baixas voluntarias... A ver si a empresa cede algo nas súas propostas iniciais; eu creo que eles terán que mover bastante a súa postura. Vamos intentar chegar a acordos, pero o vexo difícil. E transcendentes son todas as reunións, cando se chegue ó remate se dirá cal é a máis transcendente.

-Da outra vez non mudou de postura, os 18 despidos anunciados foron os que se fixeron.

-Da outra vez xa estaban despedidos, aquilo foi á tremenda, foi disparar sen avisar. Agora cambiaron as formas, pero é moito máis grave.

-Vostede anunciou despois da reunión do 26 que o ERE se presentaría esta semana

-Creo que está a caer porque os prazos esgótanse e si queren facelo este ano como din, está a caer; eu creo que esta semana o van presentar; mañá (por hoxe) non, porque hai a reunión, pero durante a semana, si.

-¿Asiste ás reunións os propietarios da firma?

-Non, non se presenta naide do consello de administración.

-¿E o patriarca, o fundador?

-Vai polas oficinas, pero non ás reunións. Ademais, xa ten 80 anos e son moitos anos. Agora estamos no cambio xeracional; hai quince anos cando falabamos do cambio xeracional, mirando como foi no resto das empresas, temiamos que aquí pasara algo parecido, pero foi peor, nunca nos imaxinamos que fora haber unha crises deste tipo.

José antonio rodríguez presidente do comité de Muebles hermida