Incendios

La Voz

A MARIÑA

ando Galicia segue rexistrando centos de incendios forestais (antonte a Xunta aseguraba que 16.930 hectáreas de monte acabaran queimadas en 1.635 incendios desde o 1 ao 19) gustariame contar un caso que vivín personalmente. Hai uns dez anos, cando saía do traballo vin caer algo desde unha avioneta nun monte da Mariña, algo que brilou coa posta de sol. Aos 10 minutos nese punto orixinouse un lume. Era unha zona de moita maleza, de difícil acceso para que unha persoa puidera adentrarse nela e plantar lume.

Ese mesmo día apareceron tres lumes máis na zona da Gañidoira. Esta situación levoume a poñer o caso en coñecemento da Garda Civil. Tendo en conta o número de incendios, as hectáreas de monte queimadas e as escasas detencións de pirómanos. A estas alturas ¿quen cre que só os que calificados como pirómanos plantan lume?

R.V. Viveiro.