«Non sei por que lle chaman o pupas ao Atlético de Madrid porque todo o que pode pasar pásanos a nós», sostén o actual presidente da Peña Celtista de Burela. «Este ano cambiaron o sistema de ascenso e non sei que me da que vai ser sufrindo se subes, porque son eliminatorias a vida ou morte», teme. Á estela desta saga de afeccionados celestes gústanlle os derbis co Dépor (seu pai discrepa neste punto), iso que en 2004 xogaron a penúltima xornada. «E levamos un 3-0 na chepa, en 25 minutos, e tivemos que aguantar o campo enteiro berrando ?a segunda, a segunda...?. Dous anos despois desquiteime e ao seguinte xa lles gañamos na casa», recorda Jorge. Quédanlles uns días de angustia, eloxian a canteira do Celta e aspiran á tranquilidade que outorga situarse no medio da táboa de Primeira División. Os dous cren con devoción no equipo que tanto lles fai vibrar, na grada ou no sofá da casa.