O Concello de Mondoñedo contratará a nove traballadores con cargo ao plan Lugo Emprega. O concelleiro delegado de Obras e Servizos, Modesto Díaz, recoñece que para os concellos pequenos e con problemas de liquidez a iniciativa provincial permite garantir servizos.
-¿Que traballos desenvolverán as nove persoas contratadas?
-Necesitamos persoal para manter limpas as rúas, xa que hoxe en día non temos ningún operario municipal adicado a esta actividade. Tamén se ocuparán de facer obras de mantemento e acompañarán ao condutor do tractor naquelas tarefas que sexa necesario. Axudarán a lavar os contenedores e noutras tarefas de diario.
-¿Que opinión lle merece o plan Lugo Emprega?
-Para nós é moi bo porque nos axuda a cubrir servizos a custe cero, servizos que non podemos pagar. Para Mondoñedo é moi positivo poder contar con nove traballadores sin coste algún para as arcas municipais. Empezarán o día 1 de marzo e estarán seis meses traballando, co cal temos cubertos actos que esixen moito persoal, como o Mercado Medieval previsto para agosto. Creo que a Deputación tomou unha decisión correcta porque beneficia a todos os concellos, sexan da cor política que sexan, e máis coa situación económica na que nos atopamos.
-¿Como foi acollida a iniciativa en Mondoñedo?
-Apuntáronse 76 persoas, co cal creo que foi unha iniciativa que espertou moita expectación. É unha boa fórmula para frear o desemprego neste municipio e tamén no resto da provincia.
modesto díaz edil de obras de mondoñedo