Aos feitos ímonos remitir

José Manuel Balseiro Orol

A MARIÑA

06 oct 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Teño que indicar con total sinceridade que é a primeira vez que, tras interesarme na miña condición de deputado autonómico, por solucionar unha situación que estaba a xerar graves problemas a uns veciños da comarca que represento, as devanditas xestións causan «perplexidade e cabreo» nos potenciais beneficiarios destes trámites. Polo menos son estes os termos literais empregados nunca carta remitida aos medios de comunicación e asinada por varios veciños da comunidade de propietarios 27-29, de Lavandeiras, en Celeiro.

Deben saber que si eu actúo e teño a oportunidade de entrevistarme co director xeral do Instituto de Vivenda e Solo é a indicación do portavoz do Partido Popular de Viveiro é xusto no momento en que, a través deste representante público, teño coñecemento da situación que está a sufrir estes veciños cuxas vivendas presentan diversos problemas e danos. Actúo no xusto momento en que teño coñecemento destes feitos, do xeito descrito, e podo asegurarlles que tería actuado antes, de ter solicitada a miña intervención con anterioridade.

Coincido cos propietarios asinantes desa carta nun feito. Cómpre pasar das palabras aos feitos, e aos feitos ímonos a remitir. Pois desde o IGVS teñen actuado recolocando azulexos alí onde estaban rotos ou danados, proxectando as reparacións oportunas, incluída a futura impermeabilización dun muro que aínda que alleo á comunidade de veciños, evitará gran parte dos problemas que se están a producir. Feitos, todos eles, froito destas xestións e que contribuirán a normalizar unha situación que debera terse corrixido moito antes.

Podo comprender que existan persoas que cansos de reclamar e reclamar poidan sentirse molestos coa administración. Pero sinceramente creo que hoxe erran nos seus reproches. Deben ter claro que a intención do PP e deste deputado nunca foi politizar esta asunto senón dar solución, dun xeito efectivo, definitivo e urxente, a unha serie de problemas que de xeito recorrente se estaban a producir e aos que durante catro anos a anterior Xunta bipartita non foi quen de dar resposta.