Señor Balseiro, fágame caso, estese tranquilo e déixenos traballar aos alcaldes que estamos preocupados pola Autovía do Cantábrico porque, pois sinxelamente desa maneira as cousas irán moito mellor e deixaremos de xogar co futuro prometedor desta comarca á que miles de visitantes se acercaron este ano debido, fundamentalmente, ao avance das comunicacións. O que está a facer vostede só é facer «Política Barata» e denigrante que ninguén quere nin a ninguén lle interesa, nin aos empresarios nin os traballadores que queren progreso e traballo. Comprendo que vostede actúe así para seguir ocupando poder e non facer absolutamente nada, cando sabe vostede e o partido ao que representa foron incapaces de facer nin un só metro da A-8, dende Ribadeo a Baamonde cando gobernaban no Goberno da Nación. Iso si puxeron unha pedra nun terreo alugado en Ribadeo para montar a parafernalia que soen facer vostedes antes e a agora: a propaganda.
Por iso señor Balseiro, existen persoas que traballan en silencio, como este humilde alcalde, que se desvive en falar incluso co ministro de Fomento para que a conclusión da A-8 sexa unha realidade e que a comarca da Mariña sexa a gran beneficiada, corrixindo algo histórico que debiamos hai tempo rematado. Pero non olviden, vostedes non fixeron absolutamente nada por esta infraestrutura. Señor Balseiro, fágame caso e deixe isto nas nosas mans e seguramente vostede, que é moi inquieto, ten outras ocupacións que facer, porque nesta o que fai é entorpecer o progreso e o desenrolo da nosa Comarca. Finalizo dicíndolle: Reflexionar e buscar o mellor para a cidadanía é de intelixentes, seguir insistindo no mesmo para beneficio político propio é de aproveitados.